A instalación, que consta dun proxector situado dentro dunha vitrina pechada sobre unha peana branca ancorada ao chan, ten diante un aviso que reza o seguinte oxímoron: Obra interactiva: NON TOCAR. Dende este ‘fortín inexpugnable’ proxéctase un vídeo sobre a parede, no que se poden ler frases que a propia obra ‘escribe’ ao espectador en tempo real, animandóo a desconectar ou incluso destruír a peza, para que acabe así coa súa vida de sufrimento.
A peza, que pretende un diálogo co espectador a través dunha chamada de auxilio, xenera un debate arredor das moitas posibilidades da arte contemporánea e a súa circunscrición aos espazos expositivos, así coma a forma en que consumimos cultura en xeral. Esta obra ofrece unha reflexión nas marxes do establecido dentro do sistemas artísticos e culturais, e plantexa unha resolución radical a un problema moi complexo que xira entorno á participación pasiva do espectador ante a obra, apoiándose en temas que requiren dun posicionamento activo da persoa, como son a intelixencia artificial, a eutanasia ou a solidariedade.
A intención desta videoinstalación é remover a conciencia do espectador, facéndoo sentir moi incómodo ante unha situación completamente nova para a persoa, na que unha máquina pide ser destruída nun contexto absurdo ao estar sumamente protexida físicamente, pero onde a correción e o grao de civilización do espectador impedirán facelo.
A peza foi galardoada co premio Plástika19 e exoposta no Museo do Mar de Galicia en xaneiro de 2020