A coroación do non
2013
Cristais e cemento
sobre o canto do lenzo
123x163cm
Fresco
lume e chicles sobre lenzo
190x190cm
Forever Young
Exposición
Casa das Artes
Vigo, 2017
‘Semella como se o artista tivese arrincado estes muros do seu contexto natural para traelos á sala de exposicións. Un deles, fainos pensar no cercado dunha propiedade, mais a agresividade deses cristais quebrados que o coroan fala tamén da obsesión pola seguranza en xeral. En concreto, remítenos tamén a toda esa xuventude africana cercada que trata de saltar hoxe en día as inexpugnables fronteiras de Europa. O outro muro parece actuar como o seu envés, porque está ateigado de intranscendentes pintadas e proclamas tabernarias e underground escritas con cabichas dende a liberdade condicional que permite a noite e a esmorga, a música dos clubs, o alcohol e as drogas. Unha desinhibida e hedonista anarquía, insubmisa e desenfreada que remitirá tan pronto clarexe o día ou remate a fin de semana.’
Xosé Manuel Buxán Bran. Comisario de arte