A fotonovela narra os sucesos que aconteceron nun día da vida de Carmeliña, unha moza de vintecinco anos que non ten noticias do seu home desde hai moito tempo… A historia está inmersa no conflito social xurdido a finais dos anos 70 en Galicia, no intre en que os primeiros nudistas empezan a chegar á praia de Barra. Tanto o guión como as imaxes misturan sucesos reais e documentados con tratamentos ficticios e desnaturalizados. Cómpre destacar que Carmeliña é a primeira fotonovela editada en lingua galega da historia.
O proxecto foi levado a cabo grazas a unha axuda da Xunta de Galicia dentro do programa Iniciativa Xove.
É mencionada para o seu estudo no libro de texto de Lingua e Literatura Galega da Editorial Anaya do curso 2016-2017
Pódese ler online na web
E escoitar a entrevista na Radio Galega
Un avance:
Carmeliña colleitou moi boas críticas, entre elas, cabe destacar a de Xosé Luís Méndez Ferrín no Faro de Vigo:
Fotonovela
Hai moitos anos, cando se puxera de moda en Italia o ¨fotoromanzo” de carácter máis ben romántico e de ambicións estéticas escasas, concebín, fugazmente, a posibilidade de que o xénero poidese ser recreado en galego con intención política, social e narrativa alta. No meu caso, non pasou dun soño. Por iso éncherne de satisfacción o libro Carmeliña, subtitulado “Unha fotonovela de Alberto Ardid”. Esta obra, de exeelente maquetación, fotografía, deseño, interpretación actorial, representa, despois de anos coma area, a materialización daquel meu soño. Non vou revelar eiquí o argumento, madialeva. Trátase dunha durísima estoria de abandono e emigración ambientada en certo Morrazo. Aquel,digamos Nerga,Viñó,Barra,no que a agricultura se combina coa pesca de chalana e onde son protagonistas contemporáneos os bañistas que prefiren calcar a praia en coiros. Nun presente sen concesións á nostalxia, unha muller nova e soa sente que a súa vida racha. A novela non permite que fagamos unha pausa na lectura-visionado. Aprehéndenose obriganos. Finalmente, como ocorre só nos contos maxistrais, un primeiro plano déixanos amargor e manda que o lector-espectador complete os sucesos narrativos, xa fora da fotonovela.
X. L. Méndez Ferrín
Se queres saber máis de Carmeliña odes visitar a páxina e o facebook.